Código
|
Competencias da titulación
|
A9 |
Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades. |
A10 |
Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. |
A12 |
Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá. |
A13 |
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. |
A17 |
Colaborar cos profesionais especializados para solucionar ditos trastornos. |
A19 |
Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente. |
A22 |
Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto. |
A23 |
Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil. |
A25 |
Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais. |
A26 |
Saber analizar os datos obtidos, comprender criticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións. |
A30 |
Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B9 |
Autonomía na aprendizaxe. |
B10 |
Capacidade de análise e síntese. |
B11 |
Capacidade de busca e manexo de información. |
B23 |
Habilidades sociais para exercer o liderado na aula. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |