-A asistencia as sesións de clase é imprescindible e será obxecto de avaliación e control.
-É obrigatorio pasar pola titoría mentres se estea no proceso de elaboración dos traballos tutelados.
-Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en cada caso.
-A avaliación desenvolverase en torno a dous bloques de traballo con idéntica valoración na nota final, é dicir, o 50% da cualificación. Por unha parte están os traballos de grupo que terán, como xa anticipamos, un peso do 50% no nota final. Neste apartado consideraranse os trabalos tutelados (30%), a presentación oral (10%) e a análise de fontes documentais (10%). Esta última metodoloxía será obxecto de seguimento e control nas sesións interactivas. O outro 50% da nota asignarase aos traballos que de forma individual cada alumno ten a obriga de realizar. Neste apartado ademais das lecturas (15%) e a recensión bibliográfica (15%) que se terán que comentar ou recensionar segundo os casos de maneira individual, contémplase tamén a elaboración do portafolios do alumno (20%) onde deberá recoller e comentar de maneira precisa os apuntes persoais, a evolución dos traballos en grupo, as guías de traballo xunto cunha crítica ou comentario persoal. Para poder ser avaliado, en cada un dos apartados (T. de Grupo e T. Individual)é necesario acadar unha puntuación mínima de 2.5 puntos en cada un deles. En caso de non ser así o alumno ou alumna será cualificado como suspenso.
-Para aqueles alumnos/as que como casos excepcionais non poidan asistir ás sesións de clase, ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen, establecerase unha proba de ensaio con carácter obrigatorio o final do cuatrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do 50% do total da nota final.
-Os alumnos repetidores da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto co profesorado que lles indicará, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. En calquera caso, establecerase unha proba de ensaio con carácter obrigatorio para todos eles o final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumno .