Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL
 Asignaturas
  Didáctica da lingua castelán
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Durante o seu horario de titorías, o profesor encontrarase no seu despacho, onde deberá acudir todo/a estudante que desexe facerlle consultas verbo dos contidos teóricos da materia, da marcha das sesións interactivas, do proceso de avaliación, etc. Por se houbese algunha dúbida, convén sinalar que o diálogo co profesor é unha posibilidade que se ofrece ao alumnado, e non un mandato que este deba obedecer. Dito isto, cómpre tamén dicir que se recomenda a todo/a alumno/a que se reúna co profesor cando menos unha vez, co obxecto de discutir o desenvolvemento e as perspectivas do traballo de investigación obrigatorio (non en van leva o nome de «traballo tutelado»). Na xuntanza (que dificilmente poderá exceder os quince minutos de duración), o/a estudante amosará ao profesor unha primeira versión do texto (ou, no seu defecto, un borrador); o profesor, pola súa parte, revisará o documento e fará as recomendacións que xulgue pertinentes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes