Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL
 Asignaturas
  Didáctica da lingua castelán
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro As actividades que se desenvolvan nas sesións interactivas supoñerán un 10% da cualificación da materia; con outras palabras: pola súa realización (e entrega, cando sexan exercicios escritos) caberá obter un punto como máximo. Obviamente, os/as estudantes que se manteñan á marxe destas tarefas (sexa por non asistir ás sesións interactivas, sexa por non levar a cabo os labores que o profesor lles encomende) non poderán acadar unha cualificación final de dez puntos. 10
Proba obxectiva Esta actividade (que consistirá, como xa se dixo, nun control de lectura) supoñerá un 50% da cualificación da materia; dito doutro xeito: a súa realización achegaralle ao/á estudante un máximo de cinco puntos. A fin de evitar malentendidos potencialmente graves, cómpre subliñar que a superación desta proba é condición necesaria para superar a materia. Así pois, quen fique por debaixo dos dous puntos e medio ficará inmediatamente suspenso, con independencia dos resultados que acadase noutras tarefas. 50
Traballos tutelados Esta actividade (que se realizará de xeito individual) supoñerá un 40% da cualificación da materia, isto é, contribuirá a ela cun máximo de catro puntos. Non fai falla dicir que todo aquel traballo no que se detecten plaxios —mellor dito: no que se detecten un ou máis casos de plaxio— recibirá a cualificación de cero. O/a asinante só poderá superar a materia se suma cinco puntos entre a proba obxectiva e o labor feito nas sesións interactivas. 40
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes