GRAO EN EDUCACIÓN INFANTIL |
![]() |
![]() |
![]() |
Datos Identificativos | 2011/12 | |||||||||||||
Asignatura | Bases didácticas da educación especial inclusiva | Código | 652G01034 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Realizarase ao inicio de cada unidade temática, ou cando através do seguimento do traballo de aula e individual, se perciba a necesidade de aclarar ou introducir conceptos esenciais ou novidosos |
Estudo de casos | A través de casos reais ou supostos estudaranse especialmente os temas relacionados coas distintas discapacidades |
Lecturas | Indicaranse na aula as que teñen caracter obrigatorio e as que teñen un caracter opcional |
Discusión dirixida | Trátase de intercambiar razoamentos e elaborar un pensamento propio sobre algúns dos temas traballados |
Aprendizaxe colaborativa | Procederemos en dous sentidos: -En equipos terán que facer unha proposta de intervención na aula dende unha perspectiva inclusiva -Terán que poñerse en contacto con persoas da comunidade educativa para coñecer cómo contribúen no desenvolvemento de prácticas educativas dende unha perspectiva colaborativa |
Investigación (Proxecto de investigación) | O alumnado recollerá propostas de intervención educativa, que analizará e interpretará se se adecúan aos prinicipios básicos dunha aula inclusiva. Ademais fará propostas de mellora |
Portafolios do alumno | O alumnado terá que realizar unha recolleita dos contidos elaborados na aula para a partir de aí, analizalos, interpretados e enriquecer as opinións propias coas achegas dos autores propostos na bibliografía aduxntada ou outros autores lidos polo alumnado |
Traballos tutelados | Os alumnos e alumnas seleccionarán un tema do seu interés en relación coa materia. A realización será supervisada pola profesora periódicamente. |
|