Metodoloxías |
Descrición |
Proba de resposta breve |
Esta proba consistirá en que o alumnado expoña as súas reflexións sobre aspectos concretos da materia. |
Sesión maxistral |
Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introducción de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaje e a construcción do coñecemento adquirindo progresivamente autonomía na toma de decisións sobre a propia aprendizaxe.
Realizarase unha exposición xeral introductoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu trabajo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas e experimentais. |
Análise de fontes documentais |
As fontes documentais serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. Empregaranse documentos audiovisuaiss e bibliográficas relevantes sobre a materia con actividades específicas deseñadas para a análise dos mesmos. |
Discusión dirixida |
Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumnado reflexione sobre a importancia da inclusión da diversidade, atendendo aos múltiples factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construcción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa. |
Estudo de casos |
As actividades de estudo de caso versarán sobre a presentación de situacións centradas no ámbito educativo para a súa análise dende a óptica da intervención dos profesionais da logopedia de maneira integrada cos demais profesionais que realizan o seu labor no contexto educativo. |
Traballos tutelados |
En torno aos diferentes temas propoñerase a realización de pequenos traballos de grupo que se iniciarán na aula e que logo deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora aos diferentes grupos. Para a realización destes traballos tomaranse cómo referencia tanto os materiales básicos da materia así como otros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos. Con esta modalidade de traballo, tamén pretendemos aproximarnos aos ámbitos de interese do alumnado. |
Aprendizaxe colaborativa |
Tendo en conta que nos atopamos na facultade de CC. da Educación con esta dinámica preténdese que o alumnado de logopedia poida realizar un breve traballo conxunto co alumnado das especialidades de EI e/ou de EP e ou AL. En pequenos grupos tratarán de identificar cales serán as súas funcións, contribucións ao traballo que se poida realizar dentro e fóra da escola co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. |
Mesa redonda |
Un dos aspectos fundamentais da materia e fomentar no alumando o achegamento ao ámbito e aos profesionais que traballan co neno/a que presenta dificultades no seu desenvolvemento persoal. Por eso o alumnado participará na reflexión cos profesionais, familias e persoas que precisan/ron apoio especializado. Para elo realizarase unha dinámica de debate, elección e búsqueda de persoas que nos expoñan as súas reflexións sobre o traballo co alumnado con necesidades específicas de apoio ordinario, dentro e fóra da escola. O propio alumando unicersitario, terá que colaborar na organización da actividade e no seu desenvolvemento, a través da participación no debate. |
Portafolios do alumno |
O porfatolios vai ser un instrumento clave para o alumnado durante toda a materia. Sobre todo preténdese que a partir da recolleita da información, reflexione e enriqueza os contidos que lle achega a materia, tratando deste xeito de irse aproximando aos seus propios intereses como futuro profesional da logopedia, sen perder a perspectiva de que o seu traballo debe formar parte do desenvolto por equipos interdisciplinares, que traballan dentro e fóra da aula. |
Solución de problemas |
Aproveitando as fontes documentais, os estudos de caso e outras experiencias, procuraremos que o alumnado aumente os seus coñecementos e desenvolva as súa creatividade. Tendo en conta que os resultados da intervención no eido educativo son variables e están condicionadas por distintas cuestións e circunstancias, as solucións a un mesmo problema poden ser moi diferentes. Partindo desta idea, achegarémonos a distintas posibilidades de abordar unha proposta de intervención concreta, tratando de identificar os elementos que converxen en cada caso, así como os modelos de intervención. |
Xogo de rol (role playing) |
En relación coa actividade de aprendiaxe cooperativa e a mesa redonda, realizarase na aula un xogo de rol onde o alumnado terá que asumir diferentes roles, amosando actitudes, accións e reflexións que poidan adoptar os distintos axentes que participan no proceso educativo. |