Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Políticas Públicas (Plan 2009)
 Asignaturas
  Economía de Galicia. Economía territorial e políticas públicas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Neste ámbito, farase a presentación da materia, do xeito en que está estruturada e interrelacionada, da importancia dos temas que se tratarán, da metodoloxía e modos de acometer o traballo.
Sesión maxistral O profesorado exporá parte do temario con esta técnica. Profundará naquelas cuestións que poidan suscitar dúbidas no alumnado e fomentará unha acaída comprensión dos temas expostos.
Presentación oral O alumnado fará exposicións, de xeito individual, a partir de textos que desenvolven cuestións relacionadas co temario da materia. Estes textos poderán ser indicados polo profesorado e esixirán traballo persoal de análise ao alumnado.
Resumo A partir dun/s texto/s proporcionado/s polos docentes, o estudantado, de xeito individual, terá que desenvolver comentario/s crítico/s deste/s demostrando o dominio dos conceptos esenciais da materia e as relacións existentes entre eles.
Seminario Concíbense como ámbitos de posta en común, debate e discusión sobre os contidos da materia. Normalmente seguirán ás presentacións orais e aos resumos.
Prácticas a través de TIC Acudirase á aula de informática para que o alumnado poida facer procuras de fontes de información relevantes sobre a economía galega.
Proba de resposta múltiple Consistirá en probas tipo test sobre aspectos teóricos ou prácticos vinculados ao temario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes