Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Mestrado Universitario en Banca e Finanzas
 Asignaturas
  Sistemas de información
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Grao de asimilación das nocións e conceptos básicos, e de desenvolvemento das habilidades correspondentes á materia 70
Estudo de casos Grao de comprensión dos problemas ou cuestións formulados, capacidade analítica, flexibilidade interpretativa, capacidade para identifica-los problemas de fondo e aportar solucións, capacidade para buscar información; aptitudes para a colaboración e o traballo en equipo 30
 
Observacións avaliación

Os
criterios para o cómputo da cualificación son aplicables con total uniformidade
nas "oportunidades" de Xuño e Xullo. Nesta última tamén son
puntuables, coa ponderación sinalada, as actividades persoais dos alumnos.

As tarefas
deben entregarse nas datas, polos procedementos, e cos requisitos de contido
que se sinalen en cada caso; puntuaranse como cero cando se incumpran estas
condicións, e tamén cando sexan desenvolvidas en fraude. O plaxio total ou
parcial terá a interpretación de fraude, coas consecuencias académicas que se
deriven.

Salvo
autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores e
aparellos electrónicos similares permanecerán en todo momento fóra da vista, e
durante os exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas
ou o uso indebido destes aparellos serán causas de expulsión.

O exame
versa sobre os obxectivos didácticos, competencias e contidos da materia, de
acordo con esta guía e coas indicacións que se realicen durante o curso, e de
conformidade cos tempos de traballo presencial e autónomo que deben render os
alumnos. Caso de se considerar conveniente publicarase un documento de “normas
de exame” con aclaracións adicionais de
cara á realización da proba.

Cualificarase
a tódolos alumnos que accedan á aula de exame.

Para
libera-la materia é preciso que a cualificación do exame sexa igual ou superior
a tres puntos sobre un total de sete. Os alumnos que non cumpran esta condición
terán unha cualificación global igual á do exame.

A comisión de fraude na realización das prácticas, dos exames, ou de calquera outra actividade da materia poderá implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto polo equipo docente da materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicas que se poidan derivar.

A cualificación "non presentado" outorgarase seguindo as
directrices xerais da Facultade: “corresponde
ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación acadada”.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes