Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Historia Económica de Galicia
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Historia Económica de Galicia Código 611G01042
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Alonso alvarez, Luis
Correo electrónico
luis.alonso@udc.es
Profesorado
Alonso alvarez, Luis
Correo electrónico
luis.alonso@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende analisar a evolución da economía de Galicia dende unha perspectiva de longo prazo. Esta viaxe no tempo permitirá acadar dous obxectivos básicos. En primeiro lugar, entender os esforzos dos nosos devanceiros para obter pouco a pouco maiores cotas de benestar. Neste sentido, non podemos esquecer que o desenvolvemento económico constitue un fenómeno complexo que non só integra variabeis económicas se non tamén factores de tipo político, social e institucional. En segundo lugar, comprender a realidade económica actual de Galicia, que non é outra máis que o resultado dos seus éxitos e fracasos ao longo do tempo. Con esta finalidade, organízase o programa en dous bloques separados cronolóxicamente. O primeiro abrangue o estudo das nosas características básicas a finares do Antigo réxime, que configura o ponto de partida para o tempo posterior, e a análise da economía galega durante o século XIX, un periodo no que se ten producida a crise da economía tradicional e unha lenta transición cara unha economía de mercado. O segundo bloque, máis amplo, adícase ao estudo polo miudo da evolución da economía gallega durante o século XX e a primeira década do XXI.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes