Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Historia Económica de Galicia
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Nestas sesións o profesor impartirá as liñas xerais da materia que os estudantes deberán coñecer e preparar con traballo personal e coa axuda dos demáis instrumentos que ofrece o curso. 0
Estudo de casos Incluen a) as prácticas con material cuantitativo, b) as lecturas e c) a participación e asistencia ás aulas. No primeiro caso, refírese ás análises de datos estatísticos dende unha perspectiva de longo prazo. Ainda que ao longo do curso se realizarán máis, 2 destes exercicios serán puntuables para a cualificación final (previo aviso do profesor). Sobre as lecturas, véxase o apartado de máis abaixo. Prácticas e lecturas puntuarán entre ambas 2 puntos. A participación e asistencia ás aulas puntuará tamén con 2 puntos. En total, 4. 40
Lecturas Representan unha información complementaria ás sesións maxistrais. Nas aulas traballaranse as técnicas para obter a información fundamental das lecturas e o seu contido discutirase na aula. O contido das lecturas servirá como materia complementaría á impartida nas sesións maxistrais. Asi mesmo, o contido das lecturas servirá tamén para elaborar os estudos de caso. En consecuencia, a súa avaliación queda incluída no apartado anterior. 0
Proba mixta Consistirá na realizacion dun exame escrito sobre os contidos do programa. Ese exame representa o 60% da avaliación final do estudiante. No exame se valorará a capacidade de expresión, o emprego e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética, e o coñecemento dos contidos do programa da materia. 60
 
Observacións avaliación

O exame ou proba obxectiva, celebrarase na convocatoria oficial establecida pola Xunta de Facultade e publicada na súa páxina web. Para superar a materia (participación e asistencia a clase, 2 puntos; práxticas e lecturas, 2 puntos; proba obxectiva, 6 puntos) é preciso acadar como mínimo 5 puntos do total.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes