Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Teoría do Financiamento
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Exame da materia que supón o 70% da cualificación final que o alumno pode obter (máximo 7 puntos). Celebrarase en primeira oportunidade (xaneiro no grao en ADE e maio/xuño no dobre grao ADE+Dereito) e en segunda oportunidade (xullo) nas datas acordadas pola xunta de facultade. En ningún caso será posible obter con este exame a parte de cualificación correspondente ás probas que se realizarán durante o periodo de clases. 70
Proba mixta Durante o periodo de clases realizaranse varias probas de diverso tipo que non terán carácter liberatorio e que suporán en conxunto o 30% da cualificación final (máximo 3 puntos). Cada proba non realizada puntúa como cero. 30
 
Observacións avaliación

A cualificación de NON PRESENTADO só se outorgará ao alumno cuxa participación en actividades de avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada, segundo normativa vixente.


Segundo normativa do centro, está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento masivo de información.


En caso de realización fraudulenta dunha proba de avaliación, ademais da correspondente cualificación de suspenso (nota numérica 0) na mesma, e con independencia do proceso disciplinario que se puidese seguir contra o/a estudante infractor/a, o profesorado da materia poderá optar por realizarlle a este/a calquera proba futura da asignatura de modo oral. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes