Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Facenda Pública. Sistema Fiscal
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Consistirá nun exame escrito que se dividirá en dúas partes: unha parte teórica (nas que se poden utilizar preguntas de resposta múltiple e/ou ensaio) e unha parte práctica. A cualificación da proba será o resultado da valoración conxunta das dúas partes. 70
Solución de problemas Resolución de exercicios e supostos prácticos de liquidación que deberá entregar o estudante aos profesores 30
 
Observacións avaliación

O exame escrito se realizará nas datas fixadas polo centro á finalización do segundo cuadrimestre e no mes de xullo, respectivamente.

A entrega de exercicios realizarase no período no que se desenvolven as actividades académicas docentes do segundo cuadrimestre e nas datas que estableza o profesor.

Terá cualificación de non presentado quen só participe de actividades de avaliación que teñan, en conxunto, una ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Para aprobar a materia, asemade de sumar 50 ou máis puntos (sobre 100) na avaliación, cómpre acadar unha puntuación mínima de 35 de 70 puntos na proba obxectiva, e 15 de 30 puntos sobre o total das restantes formas de avaliación.

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, agás os expresamente autorizados polo profesor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes