Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Bases de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliarase o progreso, a participación e a actitude de cada alumno/a nas aulas. 5
Prácticas a través de TIC Avaliarase o progreso, a participación e a actitude de cada alumno/a nas aulas. 5
Proba mixta Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través de traballo persoal. 60
Traballos tutelados Avaliarase a corrección e a calidade das respostas aos exercicios que se lles proporán e que teñen que realizar de forma individual. 30
 
Observacións avaliación

Ademais da asistencia e participación activa nas clases e a habilidade demostrada no manexo de ferramentas informáticas nas clases de laboratorio, valorarase o traballo e o exame de contidos finais. Para superar a materia será necesario acadar o 50% da puntuación máxima tanto do exame (proba mixta) como do traballo (traballos tutelados). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar o traballo tutelado e realizar a proba mixta nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que o/a profesor/a comunicará ao alumnado publicándoos na web da materia a principio de curso. Para este alumnado, o traballo tutelado suporá o 40% da cualificación final, en vez do 30%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes