Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Técnicas de Indización e Resumo da Documentación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Combinarase as presentacións teóricas das sesións maxistrais con exercicios prácticos a través do ordenador.

Utilizarase o software MultiTes na súa versión demo para a construcción dun tesauro automatizado. A descarga do software farase individualmente por parte de cada alumno, solicitando na páxina do editor ( http://www.multites.com/) a versión de proba con fins da avaliación da ferramenta.

Outros softwares complementarios (freeware), tanto para a indización de documentos como a elaboración de tesauros e resumos tamén serán estudados. Buscarase en todo momento o emprego combinado de todas as ferramentas estudadas.
Sesión maxistral Céntrase en aspectos relacionados con contido teórico como práctico do módulo e a exposición de exemplos e exercicios coa finalidade dunha maior comprensión da materia. Incentivarase a participación dos alumnos na clase.
Lecturas Porase a disposición do alumno unha serie de artígos de revista para a súa lectura, co fin de facilitar a comprensión do contido teórico do módulo.
Análise de fontes documentais Centrase no estudo de fontes documentais (bases de datos, portais con tesauros, exemplos online, etc.) que permitirán unha maior e mellor contextualización dos conceptos e exercicios da clase. Ademáis, a comprensión de estas fontes será fundamenta para o desenvolvemento posterior doutros exercicios e tarefas do curso.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor.

O traballo consistirá na construcción dun microtesauro (50 termos) sobre unha revista científica internacional seleccionada polo alumno.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes