Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Terminoloxía/lingua para Usos Específicos-Galego
   Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información AP1
Que sexan capaces de realizar buscas documentais sobre calquera asunto AP2
Que saiban xestionar e organizar documentación. AP3
Que dominen o entorno virtual. AP4
Que poidan crear contidos culturais. AP8
Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico AP9
Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc. AP10
Que dominen a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais. AP12
Que sexan capaces de realizar unha aproximación teórica aos problemas da terminoloxía. AP13
Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. AP14
Que posúan un dominio dos recursos lingüisticos especializados da lingua da súa elección (español/ galego/ inglés). AP15
Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación. BP1
Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas. BP2
Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos. BP3
Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar. BP4
Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos. BP5
Que sexan capaces de comunicar as súas conclusións e os coñecementos que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara. BP8
Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo. BP9
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM4
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. CM5
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes