Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Tipoloxía Textual
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida É importante que o alumno participe nas discusións ou debates que o profesor ou calquera compañeiro de aula plantexe: deste xeito, estará a aplicar os coñecementos e técnicas adquiridos, axudará a crear ou resolver dúbidas dos demais, e aprenderá a traballar de xeito colaborativo. A actitude, argumentos e formas comunicativas que manteña o alumno deben ser as esperadas nun contexto académico universitario.
Sesión maxistral A docencia maxistral terá unha escasa duración, xa que case todos os contidos teóricos figuran nas lecturas propostas, e o obxectivo fundamental desta materia é aprender a aplicar os coñecementos de tipoloxía textual do estudante. En todo caso, estará mesturada co debate de contidos en grupo, co estudo de casos e co plantexamento e resolución de problemas concretos, e vincularase estreitamente a estes.
Lecturas O alumno deberá ler os textos propostos polo profesor previamente á celebración das sesións presenciais. A lectura principal será a obra "Afilar el lapicero. Guía de redacción para profesionales", de Daniel Cassany [modificarase esta proposta de aconsellalo as circunstancias.] Na aula resolveranse as dúbidas que os alumnos poidan ter sobre estas lecturas e, de consideralo necesario, proporánselle outras complementarias.
Solución de problemas Na aula, plantexaranse algúns problemas relacionados co desenvolvemento práctico de tipos textuais. Estes problemas serán analizados e debatidos, e proporanse solucións para eles cando for posible.
Estudo de casos Na aula, plantexaranse casos prácticos concretos que serán analizados criticamente en grupo. O deseño e construción de solucións farase de xeito colaborativo, pondo en común as reflexións, ideas e dúbidas xurdidas.
Traballos tutelados O alumno deberá desenvolver varias actividades avaliables. O profesor prestaralle axuda no momento en que o precise e demande. Unha parte importante (se non a maior) das actividades terán carácter grupal, co fin de desenvolver a capacidade de traballar en grupo de xeito colaborativo.
Hai un traballo tutelado individual que terá o maior peso porcentual na avaliación do alumnado: resolver unha serie de preguntas e problemas a propósito da lectura obrigatoria do curso.
Portafolios do alumno O alumno deberá completar todas as actividades que se lle encomenden. Todas elas serán obxecto de avaliación. Consistirán en (i) contestar unha listaxe de preguntas sobre unha obra de lectura, (ii) aplicar os coñecementos adquiridos a certos problemas e estudos de caso, e (iii) desenvolver propostas de texto feitas polos profesores.
Obradoiro Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaremos distintas metodoloxías (estudos de caso, solución de problemas, discusións dirixidas, ) nas que desenvolveremos tarefas eminentemente prácticas co apoio e supervisión do profesor, que nos permitan asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. Os distintos materiais producidos formarán parte do portafolio do estudante.
Aprendizaxe colaborativa Prestarase especial atención ao traballo en equipo, á colaboración en grupo. O plantexamento e dinámica da aula baséase na aprendizaxe colaborativa pero, ademais, avaliarase ao alumno pola súa forma de traballar cos compañeiros, xa que é esencial para un bo desempeño profesional.
Análise de fontes documentais O estudante terá que facer algunhas lecturas obrigatorias previamente ás sesións presenciais pero, ademais, analizaremos distintas fontes documentais de diversa extensión para aclarar certos contidos, introducir outros, articular teses, promover o debate crítico... Tamén se lle proporcionará ao estudante unha listaxe de lecturas complementarias e obras de referencia que poida consultar cando o precisar.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes