Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Tipoloxía Textual
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Baixo esta etiqueta recóllense todas as actividades e probas avaliables de carácter esencialmente práctico (análises, solución de problemas, estudos de caso, exercicios, ...) que deberá realizar o estudante. Lea atentamente o apartado de observacións. 40
Aprendizaxe colaborativa Esta porcentaxe corresponde á asistencia, participación e desempeño do alumno ao longo do curso. Lea atentamente o apartado de observacións. 10
Traballos tutelados Todas as actividades do curso serán tuteladas (solución de problemas, estudo de casos...), pero referímonos con esta etiqueta a unha serie de preguntas e problemas que se lle plantexarán ao estudante a propósito da lectura obrigatoria do curso, e que contestará por escrito de forma individualizada. Lea atentamente o apartado de observacións. 50
 
Observacións avaliación

Por esixencia do deseño da aplicación coa que se elabora esta guía docente, as etiquetas das metodoloxías que se recollen arriba non responden adecuadamente ao concepto polo que se outorga cada porcentaxe. Lea atentamente a información que segue. 1. Á hora de avaliar ao alumno, valoraranse: (i) os coñecementos adquiridos e a súa aplicación a casos prácticos; (ii) a competencia, creatividade e eficiencia amosadas nas actividades avaliables encomendadas; e (iii) o traballo continuado que desenvolva, a asistencia e participación nas sesións presenciais, a realización de calquera tarefa encomendada e a súa contribución activa aos debates plantexados. 2. A cualificación final do alumno responderá ao seguinte reparto porcentual: 2.1. Un 50% da nota valorará un/s traballo/s final, no que o alumno demostrará os coñecementos e competencias adquiridos no desenvolvemento do curso. Proporcionaráselle ao estudante unha listaxe de preguntas e/ou exercicios a desenvolver baseados fundamentalmente na obra obrigatoria de lectura: Daniel Cassany (2007). Afilar el lapicero. Guía de redacción para profesionales (= Argumentos; 367). Barcelona: Anagrama. Pode modificarse a lectura obrigatoria escollida se así o aconsellan as circunstancias. 2.2. Un 40% da nota valorará as restantes actividades (presenciais e non presenciais), que o alumno realizará individualmente ou en grupo (estudos de caso, solución de problemas, análise de fontes documentais, elaboración e conversión de textos, análise de propostas online, debates, traballos prácticos…). 2.3. Un 10% da nota valorará a asistencia, participación e desempeño do alumno ao longo do curso. 3. No caso de non acadar o aprobado ou non presentarse, os alumnos contan cunha segunda oportunidade en xullo de 2012. Nela deberán completar as actividades e/ou traballos avaliables encomendados e non entregados, ou realizar outros novos seguindo as indicacións do profesor. O reparto porcentual será idéntico ao da primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes