Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Lingua e Literatura na Sociedade da Información
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Serán avaliadas, tanto a presentación oral do segundo dos traballos tutelados (que consistirá na selección e comentario de algúns exemplos de literatura hipertextual), como a participación retroalimentadora nos traballos dos outros grupos.
20
Discusión dirixida Para superar a materia, será obrigatoria a participación activa nas discusións que se propoñan nas aulas.
20
Traballos tutelados O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio relacionado con algún dos apartados dos temas do programa. Nas primeiras sesións do curso determinarase tanto a data de comunicación do tema como a data límite de entrega.
40
Lecturas As lecturas avaliaranse através do traballo individual tutelado e da incorporación madurecida dos seus contidos, tanto ás discusións dirixidas, como aos comentarios retroalimentadores dos traballos dos compañeiros realizados na aula ou no espazo de traballo colaborativo en liña.
20
 
Observacións avaliación

Non será posíbel superar a materia sen realizar o traballo tutelado nin participar, polo menos, nunha parte das discusións dirixidas que se plantexen nas aulas.


Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes