Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Textos e Análise: Semántica
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valorizadas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. 30
Traballos tutelados ValorIzarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 15
Presentación oral Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorizados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. 10
Recensión bilbiográfica Elaboración escrita dunha ou máis recensións bibliográficas de libros e/ou artigos pertinentes para a formación do estudantado. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, ben como a calidade lingüística. 15
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. 15
Obradoiro Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). 15
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá
conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente,
na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os
restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá de entregar os traballos e
actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo, todas as actividades ou probas
deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía,
puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación.

Na segunda oportunidade, en xullo, o
alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na
oportunidade anterior.

A cualificación de

NON PRESENTADO/A

será considerada cando o/a alumno/a non asistir
ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número inferior de
actividades ao 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes