Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Identificación e Tipificación Lingüística Textos Románicos
   Contidos
Temas Subtemas
1. Caracterización tipolóxica da familia de linguas románicas. Descrición e análise dos trazos que caracterizan as linguas románicas fronte a outras familias lingüísticas e fronte ao latín.
2. Afinidades lingüísticas dentro da Romania. Establecemento de grupos con maior cohesión entre si dentro da familia de linguas románicas.
3. Trazos característicos de cada unha das linguas románicas nos diferentes períodos evolutivos e nas principais variedades dialectais. 'Scriptas' e 'koinés'. 3.1. Grafía.
3.2. Nivel fonético-fonolóxico.
3.3. Nivel morfosintáctico.
3.4. Nivel léxico-semántico.
4. A tradición textual románica. 4.1. Primeiras documentacións en lingua vulgar.
4.2. A tradición textual en lingua vulgar e en cada unha das linguas románicas.
5. Análise de textos: identificación e tipificación lingüística. Aplicación dos coñecementos adquiridos á análise de textos de diferentes tipos, con vistas a determinar coa maior precisión posible a lingua e o estadio de lingua en que están escritos, salientando os seus trazos principais, así como a tradición textual en que poden enmarcarse.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes