Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
 Asignaturas
  Traballo Fin de Mestrado
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información.
A2 Que sexan capaces de realizar buscas documentais sobre calquera asunto.
A3 Que saiban xestionar e organizar documentación.
A4 Que dominen o entorno virtual.
A7 Que dominen as técnicas e as estratexias da comunicación verbal.
A8 Que poidan crear contidos culturais.
A9 Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico.
A10 Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc.
A12 Que dominen a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais.
A14 Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación.
A15 Que posúan un dominio dos recursos lingüisticos especializados da lingua da súa elección (español/ galego/ inglés).
B1 Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación.
B2 Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas.
B3 Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos.
B4 Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar.
B5 Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos.
B8 Que sexan capaces de comunicar as súas conclusións e os coñecementos que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes