Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Literatura. cultura e diversidade
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida A discusión dirixida levarase a cabo en sesións de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase a participación activa de cada estudante no debate ou discusión, ademáis da calidade do resultado. 30
Traballos tutelados Valoraranse os coñecementos adquiridos, a orixinalidade dos enfoques e das aportacións, e a corrección da expresión escrita. 40
Presentación oral Como complemento do traballo tutelado, neste caso, ademáis dos contidos e a orixinalidade do traballo e a corrección lingüística, valorarase o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral. 10
Análise de fontes documentais Nas sesións sinaladas na planificación os alumnos analizarán tanto as fontes primarias como fontes secundarias que interpreten os textos ou que exploren conceptos relevantes para a materia. A calidade do devandito análise computará a efectos de avaliación. 20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia levarase a cabo de forma continua. Nela terase en conta:

(1) os coñecementos adquiridos e a súa aplicación práctica

(2) as competencias amosadas nas actividades avaliables encomendadas, especialmente a competencia lingüistica e argumentativa

(3)
o traballo continuado que desenvolva o/a estudante, a asistencia e
participación nas sesións presenciais e a súa contribución activa.

ESTUDANTES CON DISPENSA: a/o estudante que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia ao principio de curso para planificar os axustes necesarios no proceso de aprendizaxe-avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes