Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Temas e liñas de investigación en literatura e cultura galega do século XIX
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A profesora porá a disposición do alumnado os materiais obxecto de análise. O alumnado deberá ler e analizar estes materiais e participar na exposición das súas conclusións na aula. 30
Seminario A profesora poderá solicitar a entrega por escrito a cada estudante das conclusións do seminario. 40
Presentación oral O/a estudante exporá na aula, durante un mínimo de 20 minutos e un máximo de 1 hora, as súas conclusións sobre un asunto que escollerá de entre os tratados na materia. A exposición será necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. 30
Lecturas As lecturas obrigatorias deben realizarse para poder participar de forma efectiva no seminario e levar a cabo a presentación oral. A porcentaxe de avaliación de cada unha destas metodoloxías inclúe a correspondente á realización das lecturas. 0
 
Observacións avaliación

A avaliación terá en conta a participación do alumnado no seminario (e a eventual entrega das conclusións por escrito) e nas sesións de análise de fontes documentais, imbricadas tamén no seminario, así como a presentación oral. Para poder levar a cabo con éxito estas tarefas, o/a estudante deberá realizar necesariamente as lecturas indicadas pola profesora. 

Quen non supere a materia no mes de xuño, terá unha segunda oportunidade para facelo no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará a profesora.

Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou quen non asista e participe cando menos no 50% das sesións presenciais.

O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na aula pola entrega da actividade por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/a estudante. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes