Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
 Asignaturas
  Os discursos críticos nas literaturas e nas culturas en lingua galega e portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Serán avaliados o nivel de análise e compreensión das materias expostas, así como a resolución dos problemas apresentados durante estas sesións, quer através de estudos de caso ou análise de fontes documentais específicas, quer no trascurso das “discusións dirixidas”, do “traballo tutelado” e/ou da “presentación oral” 10
Discusión dirixida Será avaliado o rigor e a profundide da análise, as cuestións eventualmente levantadas durante as intervencións, a frecuencia destas e, en xeral, todos os contributos relacionados co acompañamento/ desenvolvemento da materia. 20
Traballos tutelados Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados no seminario. Levarase tamén en conta a calidade lingüística do texto entregado, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para esta actividade. 30
Lecturas Para alén da eventual presentación oral dunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións orais e nas discusións dirixidas. 20
Presentación oral Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio do contido apresentado e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. 20
 
Observacións avaliación


A
avaliación

do seminario será feita de forma continua. Nela serán levados en
conta non apenas os itens referidos no lugar correspondente mais
tamén, de maneira transversal, as competencias lingüísticas,
argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo
do proceso de ensino-aprendizaxe.


Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no início das sesións.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que
solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades
avaliábeis nas condicións e nos prazos específicos que serán estabelecidos a tal
efecto e que o profesor comunicará ao alumnado afectado no inicio do
curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes