Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Literatura Galega Contemporánea 1 |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Galega Contemporánea 1 | Código | 613G02024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Discusión dirixida | Debate na aula moderado pola profesora sobre temas previamente sinalados e convidos co alumnado. Requerirá unha preparación previa que os e as estudantes deberán realizar, de acordo coas indicacións que recibirán. |
Lecturas | Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da información. Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula. |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co apoio de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Terá como obxecto, principalmente, proporcionar unha visión panorámica dos temas que serán logo desenvolvidos en sesións complementares posteriores en grupos de menor tamaño. |
Traballos tutelados | Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos e das estudantes e o seguimento desa aprendizaxe pola profesora-titora. Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. |
Seminario | Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Análise de fontes documentais | Lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos. |
|