Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Normalización e Planificación da Lingua Galega
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas As lecturas formarán parte esencial do traballo desenvolvido ao longo do curso e os seus contidos terán que ser desenvolvidos en diferentes exercicios e debates que se realizarán nas aulas. 30
Presentación oral O/a estudante terá que argumentar sobre a necesidade de aplicar unha medida ou unha serie de medidas sobre planificación lingüística nun determinado ámbito ou sector. 20
Recensión bilbiográfica Entregaranse por escrito tres recensións bibliográficas sobre lecturas especializadas. 20
Traballos tutelados Cada estudante terá que realizar un traballo sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxo tema e cuxa orientación requirirá o visto e prace da persoa docente en sesións de seguimento. Haberá igualmente unha valoración conxunta final. 30
 
Observacións avaliación

Para a segunda oportunidade do mes de xullo, aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que entregar, na data marcada para o exame, as recensións bibliográficas que non fosen avaliadas positivamente e o traballo tutelado caso de o reprobar con anterioridade. O resto da cualificación (un 50%) basearase nunha proba obxectiva sobre o programa da materia e as lecturas obrigatorias que conterán unha parte teórica e u caso práctico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes