Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  As Linguas Románicas
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Valorarase a corrección da información proporcionada polo alumno, así como da propia presentación e da capacidade de interaccionar cos seus compañeiros e coa profesora, que deberá recibir do alumno un guión cos puntos que seguirá na súa exposición (v. infra o relativo á corrección lingüística). 15
Proba mixta Valorarase a corrección e o grao de profundizamento nas respostas, segundo o requirido en cada caso, así como a corrección lingüística. A profesora descontará 0,25 puntos por cada falta grave na ortografía ou na expresión e 0.10 por cada falta leve (tanto en lingua galega coma en lingua española); o caso dos estudantes Erasmus será obxecto de consideración especial, aínda que se esixirá un mínimo de corrección lingüística. 35
Sesión maxistral Terase en conta a asistencia ás clases e a participación activa nelas (incluídas as sesións de análise de fontes documentais), segundo o seguinte baremo: entre 0 e 5% de faltas, 100% da cualificación; entre 5% e 10% de faltas, 50% da cualificación; máis do 10% de faltas suporá un 0 neste apartado. Unha escasa participación poderá comportar ata un 20% menos sobre a nota que corresponda por asistencia. 10
Traballos tutelados Avaliarase a corrección e profundamento na información proporcionada, a presentación do texto escrito e a corrección lingüística (v. o apartado relativo á proba mixta).
A entrega fóra de prazo do traballo comportará a non avaliación da actividade.
30
Recensión bilbiográfica Valorarase a correcta comprensión do texto obxecto de lectura, a capacidade de análise e síntese, a corrección na presentación do texto escrito e a expresión lingüística (v. supra). A entrega fóra de prazo comportará a non avaliación da actividade. 10
 
Observacións avaliación

Se durante o curso se programase algún evento científico ou cultural que a profesora considerase de interese para o alumnado, a participación nel podería pasar a computar na avaliación, o que comportaría unha pequena reestruturación das porcentaxes sinaladas.


O alumno será obxecto de avaliación se realiza dúas actividades avaliables, aínda que non se presente á proba escrita. 


Para ser considerado Aprobado na primeira oportunidade, o alumno deberá realizar como mínimo dúas das tres actividades propostas e obter conxuntamente nelas un 6 ou máis (non se poderá facer media se obtén nalgunha unha nota inferior ao 3), así como obter un mínimo de 4 puntos na proba mixta.


Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar a entrega das actividades non realizadas; se o carácter da proba non o permite (presentación oral), deberá realizar outra actividade similar que será indicada pola profesora. O resto das condicións serán similares ás da primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes