Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguas e Tecnoloxías
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O alumno deberá desenvolver as actividades avaliables propostas. Nos traballos dirixidos é onde o estudante pon en práctica os coñecementos adquiridos no curso. Os traballos irán entregándose ó longo do curso nas datas que se sinalarán. 70
Obradoiro Constituirá a metodoloxía básica de traballo nas sesións presenciais e non presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (solución de problemas, discusións dirixidas...) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación. 7.5
Prácticas a través de TIC O estudante practicará diferentes sistemas de Tradución automática e de correctores en liña, ademais de consultar diferentes corpus e diccionarios electrónicos dispoñibeis na web. 7.5
Proba mixta Proba que integra preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas obxectivas de resposta múltiple. 15
 
Observacións avaliación

Lea atentamente a información que segue.

1.     O
plaxio total ou parcial pode conlevar o suspenso na materia. A información debe
ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada,
sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.

2.      A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao
seguinte reparto porcentual:

2.1) Un 70% obterase polos traballos
tutelados que se irán entregando ao longo do curso nas datas que se fixarán na
aula.

2.2) Un 15% obterase da
realización das actividades e prácticas (individuais ou grupais), que se realizarán na aula ao longo do curso. Observaranse o
aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais tamén a súa dinámica na
aula, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que
ver coa aprendizaxe colaborativa.

2.3) Un 15% responderá a PROBA MIXTA 
que os estudantes realizarán ao remataren a materia e na data, hora e lugar
establecidos nos horarios oficiais de exames do centro. 

Moi importante: Este reparto porcentual só
é válido para as persoas que asisten con
regularidad e participan nos obradoiros e nas prácticas. As persoas que teñan
licenza especial que xustifique a falta de asistencia recibirán un 30% da súa nota final pola PROBA MIXTA e un 70% pola realización dos traballos tutelados.

 3.     CONSIDERACIÓNS
IMPORTANTES:

SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO. De suspender
a materia en xaneiro por non acadar 5 puntos, o alumno deberá realizar as
actividades sustitutivas que se lle encomenden para a 2ª oportunidade, así como
a proba mixta final de xullo. Estas actividades sustitutivas serán anunciadas
no momento de comunicar a nota de 1ª oportunidade. A porcentaxe da proba final
na 2ª oportunidade será de 30% e a dos traballos un 70%.

Cualificación de NP.
Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a)
non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas (xaneiro ou xullo) e
que, ademais, (b) entreguen unha porcentaxe igual ou superior ao 50% das
actividades avaliables.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes