Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingüística Xeral
   Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Recensión bilbiográfica
Descrición
A atención personalizada será unha constante, nomeadamente nas sesións de grupo reducido, nas que priman o traballo colaborativo e a aplicación dos coñecementos adquiridos: o profesor fará un seguimento particular de cada alumno, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa tarefa e co grupo.
O profesor poderá atender puntualmente e de forma individualizada aos estudantes cando a actividade encomendada ou o seu desempeño o aconsellen.
Os estudantes poden acudir en horario de titorías e aulas ao profesor para tratar as cuestións que estimen pertinentes. Recoméndaselles, con todo, que de buscaren aclaracións aos contidos o fagan en grupo con outros compañeiros, xa que a resolución das dúbidas de uns pode ser de gran axuda para os demais.
Os estudantes, ademais, deberán solicitar atención individualizada do profesor cando precisen aclaracións ou guía ao desenvolveren certas tarefas: preparación de probas mixtas, elaboración de recensións bibliográficas e traballos tutelados...
Os horarios de titoría dos profesores recóllense no taboleiro principal de información da Facultade de Filoloxía (andar 0), xunto cos horarios de clase e exames; serán facilitados a todos os estudantes a principios de curso. Estes son os gabinetes nos que os profesores atenden as súas titorías:
Manuel Fernández Ferreiro, gabinete 113; Esperanza Morales López, gabinete 108;
Nancy Vázquez Veiga, gabinete 112.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes