Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingüística Xeral
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Porcentaxe non real: lea as observacións 2
Solución de problemas Porcentaxe non real: lea as observacións 7
Proba mixta Proba escrita que o estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o/s cuadrimestre/s 45
Prácticas a través de TIC Porcentaxe non real: lea as observacións 7
Traballos tutelados Porcentaxe non real: lea as observacións 7
Recensión bilbiográfica Porcentaxe non real: lea as observacións 7
Obradoiro Porcentaxe non real: lea as observacións 2
Lecturas Porcentaxe non real: lea as observacións 3
Estudo de casos Porcentaxe non real: lea as observacións 7
Eventos científicos e/ou divulgativos Porcentaxe non real: lea as observacións 7
Aprendizaxe colaborativa Porcentaxe non real: lea as observacións 2
Análise de fontes documentais Porcentaxe non real: lea as observacións 2
Discusión dirixida Porcentaxe non real: lea as observacións 2
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño da aplicación coa que se elabora esta guía docente, as porcentaxes ofrecidas arriba só son exactas para a proba mixta. Lea atentamente a información que segue.
1. A CUALIFICACIÓN FINAL responderá ao seguinte reparto porcentual: 1.1. Un 45% obterase pola PROBA MIXTA ESCRITA que os estudantes realizarán ao remataren a materia e nas datas, horas e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro. Teñen dúas oportunidades: unha primeira ao final do primeiro cuadrimestre, e unha segunda na primeira quincena de xullo. Moi importante: os estudantes deberán obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba escrita para poder superar a materia. Ningún estudante obterá o 100% da súa cualificación final con esta proba: todos serán cualificados coa distribución porcentual aquí recollida. 1.2. Un 45% obterase da realización de CATRO ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato electrónico e en papel. As actividades deben entregarse nas datas fixadas: de non ser así, computarán cun 0.00 na primeira oportunidade, e avaliaranse (de ser o caso) na segunda. [Poderán penalizarse na puntuación: entregar en branco parte das
actividades que se deben facer fóra da aula, a presentación inadecuada e
as faltas ortográficas.] 1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso. Observaranse o aproveitamento e a evolución individual do alumno, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a súa forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo. 1.4. Os alumnos que repiten a materia ou que teñen unha dispensa académica oficial, recibirán un 50% da súa cualificación pola realización da PROBA MIXTA ESCRITA, e outro 50% pola realización das catro ACTIVIDADES (individuais ou grupais) avaliables.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO. 2.1. De suspender a materia en xaneiro por non acadar 4.00 puntos na proba mixta escrita, deberá facela de novo en xullo (2ª oportunidade). 2.2. De suspender a materia en xaneiro e non superar ou entregar algunha/s actividade/s, deberá realizar as actividades substitutivas que se lle encomenden para a 2ª oportunidade: consideraranse superadas só aquelas nas que acadara un 5.00. Os profesores farán público en xuño de 2013 qué actividade/s fará cada alumno e as instrucións pertinentes: o prazo de entrega remata coa celebración da proba mixta de xullo (2ª oportunidade.) 2.3. Aos estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5.00 puntos no apartado de asistencia e participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2ª oportunidade de xullo: (i) proba mixta escrita, 50%; (ii) actividades ou tarefas avaliables, 50%.

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas e que, ademais, (b) entreguen menos de tres actividades avaliables.

4. OUTRAS OBSERVACIÓNS. 4.1. O plaxio total ou parcial é inadmisible e contrario aos obxectivos perseguidos. Pode conlevar a perda de máis puntuación có valor da actividade afectada, e mesmo o suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra. Considérase moi grave a copia total ou parcial de traballos elaborados por outros alumnos. 4.2. A expresión oral e escrita do estudante debe ser correcta e axeitada ao seu nivel académico: de non selo, poderá reflectirse na puntuación recibida. 4.3. As datas oficiais previstas para o curso 2012-2013 son o 23 de xaneiro (10.00 hh.) e o 8 de xullo (9.30 hh.) de 2013 na Aula Magna. Esta información debe ser contrastada polo estudante nos taboleiros oficiais do centro antes de cada período de exames, por se houber cambios.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes