Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 2
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os coñecementos acadados na sesión maxistral avaliaranse a través de dúas probas prácticas de uso da lingua inglesa, que se realizarán na aula ao longo do cuadrimestre. 10
Seminario A avaliación das competencias que o alumnado debe acadar tras participar nos seminarios realizarase a través dun exercicio de "reading comprehension"(5 puntos) e dous exercicios de "listening comprehension" (10 puntos) que se levarán a cabo na aula ao longo do cuadrimestre. 15
Discusión dirixida Nas clases prácticas de inglés oral coa lectora avaliaranse todas as intervencións do estudantado ao longo do cuadrimestre. 5
Traballos tutelados O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. 10
Proba obxectiva No período de avaliación de xuño o alumnado terá que realizar unha proba obxectiva de "Use of English"(20 puntos), "Reading comprehension" (5 puntos), "Listening Comprehension" (5 puntos) e "Writing" (5 puntos). 35
Proba oral Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre ou no período da avaliación en que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. 5
Portafolios do alumno No portafolios avaliaremos as "writing tasks" (10 %) realizadas ao longo do curso. O 5% restante avaliará todo aquel material distinto aos traballos de redacción obrigatorios que dea conta do progreso do alumno no proceso de aprendizaxe. Valorarase a orixinalidade, a creatividade, a implicación persoal e a transversalidade, e moi especialmente a realización dun diario de aprendizaxe en lingua inglesa. 15
Lecturas Será obrigatorio ler unha narración breve en lingua inglesa e contestar a unha serie de preguntas sobre ela por escrito. 5
 
Observacións avaliación

A avaliación total por destrezas distribúese deste xeito:

Use of English: 35 (2 probas prácticas avaliables feitas na aula: 10%; traballo tutelado 5%; proba obxectiva: 20%)

Reading: 15 (1 exercicio práctico avaliable feito na aula: 5%; lectura de narración breve: 5%; proba obxetiva: 5%)

Writing: 15 (un mínimo de 4 redaccións: 10%; proba obxectiva: 5%)

Speaking: 15 (discusión dirixida 5%; traballo tutelado 5%; proba oral 5%)

Listening:
15 (2 exercicios prácticos avaliables: 10%; proba obxectiva: 5%)

O 5%
restante avalía o progreso xeral do alumnado segundo se reflicte no seu
portafolios.

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das
distintas probas, project e demáis actividades avaliables deberá ser 5
sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima das probas
obxectivas de Use of English e das probas que avalían as catro destrezas
deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos que acaden máis dun 5 nas
probas prácticas de "Use of English" feitas ao longo do cuadrimestre
estarán exentos da parte de "Use of English" na proba obxectiva de xuño.
Nese caso, as dúas probas pasarían a supoñer un 30% da nota final, en
lugar do 10%.  Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo
sen causa xustificada. Os alumnos/as que non se presenten o día das
probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se
non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

AVALIACIÓN
XULLO:
Os/as estudantes que en xuño non superen a materia ou
aqueles/aquelas que non presenten o "Project" ou o 50% das redaccións
así como os/as que non realicen ao menos un 50% dos exercicios prácticos
de "Use of English", "Reading" e "Listening", ou aqueles que teñan menos dun 4 nalgunha das partes –aínda que a nota total sexa superior a
5–  terán que ir á oportunidade de xullo, na que o alumnado terá que
demostrar ter alcanzado as competencias da materia nas porcentaxes
totais establecidas mediante a superación de probas nas distintas
destrezas, redaccións sustitutorias das feitas na aula, traballo escrito
e defensa do mesmo en sustitución do"project", lectura dunha narración
breve distinta á proposta durante o cuadrimestre, e unha entrevista oral
individual coa profesora, segundo se lles informará antes do mes de xullo.      

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha
dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a
principio de curso para planificar, en cada situación concreta e
individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as
porcentaxes de "discusión dirixida", "lecturas", "traballos tutelados",
"seminario" e "portafolios".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes