Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario A avaliación das competencias que o alumnado debe acadar tras participar nos seminarios realizarase a través dun mínimo de dous exercicios de "listening comprehension" que se levarán a cabo na aula ao longo do cuadrimestre. 15
Lecturas Será obrigatorio ler alomenos unha narración breve en lingua inglesa e contestar a unha serie de preguntas sobre ela por escrito. 5
Proba oral Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre ou no período da avaliación en que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. 5
Discusión dirixida Nas clases prácticas de inglés oral coa lectora avaliaranse todas as intervencións do estudantado ao longo do cuadrimestre. 5
Sesión maxistral Os coñecementos acadados na sesión maxistral avaliaranse a través de dúas probas prácticas de uso da lingua inglesa, que se realizarán na aula ao longo do cuadrimestre. 10
Traballos tutelados O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. 10
Proba obxectiva No período de avaliación de xaneiro o alumnado terá que realizar unha proba obxectiva de "Use of English" (20 puntos), "Reading comprehension" (5 puntos), "Listening Comprehension" (5 puntos) e "Writing" (5 puntos). 35
Portafolios do alumno No portafolios avaliaremos as "writing tasks" realizadas ao longo do curso. 15
 
Observacións avaliación














A avaliación total por destrezas distribúese deste xeito:

Use of English: 30 (2 probas prácticas avaliables feitas na aula: 10%; proba obxectiva data oficial: 20%)

Reading e Writing: 30 (1 exercicio práctico de reading avaliable na data oficial: 5%; lectura de
narración breve: 5%; un mínimo de 4 redaccións feitas ao longo do curso: 15%; 1 redacción na data oficial: 5%)

Speaking: 20 (discusión dirixida 5%; traballo tutelado 10%; proba oral 5%)

Listening: 20 (un mínimo de 2 exercicios prácticos avaliables ao longo do curso: 15%; proba obxectiva: 5%)

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas, project e
demáis actividades avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que
a cualificación mínima das probas obxectivas de Use of English e das
probas que avalían as catro destrezas deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os
alumnos que acaden máis dun 5 nas probas prácticas de "Use of
English" feitas ao longo do cuadrimestre poderán quedar exentos da parte de
"Use of English" na proba obxectiva de xaneiro. Nese caso, as dúas
probas pasarían a supoñer un 30% da nota final, en lugar do 10%. 
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e
actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada. Os
alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xaneiro ou xullo
acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades
durante o curso.

AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que en xaneiro non superen a materia ou
aqueles/aquelas que non presenten o "Project" ou o 50% das redaccións
así como os/as que non realicen ao menos un 50% dos exercicios prácticos de
"Use of English", "Reading" e "Listening", ou
aqueles que teñan menos dun 4 nalgunha das partes –aínda que a nota
total sexa superior a 5–  terán que ir á oportunidade de xullo, na que o
alumnado terá que demostrar ter alcanzado as competencias da materia nas
porcentaxes totais establecidas mediante a superación de probas nas distintas
destrezas, redaccións sustitutorias das feitas na aula, traballo escrito e
defensa do mesmo en sustitución do"project", lectura dunha narración
breve distinta á proposta durante o cuadrimestre, e unha entrevista oral
individual coa profesora, segundo se lles informará antes do mes de
xullo.    

Alumnado con dispensa:  O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha
dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a
principio de curso para planificar, en cada situación concreta e
individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as
porcentaxes de "discusión dirixida", "lecturas", "traballos tutelados" e
"seminario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes