Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Técnicas de Tradución
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Haberá dous traballos tutelados:

1. Unha tradución individual do inglés ao español.
2. Unha tradución en grupo (de 4 a 6 persoas) do español ao inglés. Este traballo terá que ser exposto oralmente na aula--ver abaixo.

O resto das directrices serán explicadas na aula.
20
Recensión bilbiográfica Farase unha recensión (en galego) que deberá ter as partes seguintes:

-título,
-presentación do produto cultural,
-resumo,
-comentario crítico,
-conclusión.
10
Obradoiro Exercicios e actividades realizados na aula, individuais e en grupo, supervisados polo profesorado, e que indicarán en cada caso o peso que teñen dentro desta porcentaxe da nota. Ademáis dos obradoiros dos grupos medianos e pequenos, algúns exercicios poderán realizarse en parte das sesións maxistrais, sendo estas últimas de tipo teórico-práctico. 20
Presentación oral Farase unha exposición oral en inglés correspodente co segundo "traballo tutelado" --ver enriba. 10
Proba mixta O exame consistirá nuhna parte de traducción ao inglés (20%), unha de traducción ao galego (10%), e unha de traducción ao español (10%). Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha destas partes para aprobar o exame. Ademáis haberá unha parte teórica opcional equivalente a un 10% sobre a nota media do curso. 40
 
Observacións avaliación

-Se un/ha estudante non supera a proba mixta ou non realiza o 80% do
resto das actividades en cada unha das partes da asignatura (inglés,
español e galego) deberá "recuperalas" en xullo.

-As actividades
feitas na clase formarán parte deste 80%, xunto cos traballos tutelados,
a recensión e a proba oral. Os/As alumnos/as que non poidan vir á clase
por causas xustificadas (i.e. cun xustificante válido), e que non teñan
a condición de estudantes a tempo parcial, terán que
poñerse en contacto cos docentes. Nós indicarémoslles as tarefas extra
que
teñen que facer para suplir a súas faltas de asistencia e participación
nas
actividades da aula. Esta cláusula será válida tanto para xuño como para
xullo.

-Para superar a materia, o valor medio ponderado das
cualificacións obtidas nos obradoiros, os traballos tutelado, a
recensión e a proba oral deberá ser igual ou superior a 4. Como parece
lóxico, a nota final/total (i.e. tendo en conta as actividades
mencionadas, as tres partes da asignatura, máis o exame) terá que ser
igual ou superior a 5.

-Todos os traballos e actividades deberán
ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25%
sobre a nota obtida nos mesmos.

-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades.

-A
asistencia, participación significativa e bon comportamento na aula
suporá ata un 10% extra sobre a nota final. Para poder optar a esta
porcetaxe o/a alumno/a deberá participar ao menos no 85% das clases.

-Os/As
alumnos/as que non se presenten ás probas obxectivas de xuño ou xullo
acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de
actividades durante o curso.

-Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a dispensa académica deberán poñerse en contato cos profesores o antes posible.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes