Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 4
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Prueba individual de competencia comunicativa (presentación oral basada en una temática a concretar) 15
Proba de resposta breve Puede incluir: ejercicios gramaticales, de sustitución, de transformación, de relleno; explicaciones de vocabulario y/o frases hechas; preguntas de comprensión. 50
Proba oral Prueba individual de comprensión auditiva. Preguntas tipo “test”, y preguntas de contenido sobre un discurso audiovisual. 15
Traballos tutelados Redacciones de temática variada. 20
 
Observacións avaliación

  • Entrega de traballos tutelados (a) 15-03-13 e (b) 3-05-13. É necesario entregar ambos os dous traballos para poder optar a que se sumen o resto das notas na primeira oportunidade de avaliación en maio-xuño. Os traballos deben entregarse en tempo e forma: non se aceptarán traballos fóra de prazo, a non ser que se xustifique a causa documentalmente. Unha avaría no ordenador ou impresora non constitúe unha causa xustificada.
  • Proba de resposta breve: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2012-13 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). A data non é negociable.
  • A segunda oportunidade, en xullo, segundo o calendario aprobado por Xunta de Facultade, consistirá en repetir la(s) parte(s) da avaliación non aprobada(s). Nesta ocasión de xullo, a presentación oral terá o formato dunha entrevista oral que valerá a mesma porcentaxe que a presentación na primeira oportunidade (15%).
  • A segunda oportunidade (edición de xullo) non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
  • Non se pode superar a materia sen aprobar cada unha das partes descritas da avaliación cunha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.
  • Obterá unha cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a de resposta breve e a oral) e que tampouco realizase os traballos tutelados nin a presentación oral.

  • Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes