Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguaxe. Discurso e Comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións interactivas, e á participación activa nelas. 5
Lecturas Reférese ao seguimento do traballo de lectura, como se mostra nas actividades interactivas das aulas, e, nomeadamente, na elaboración dun informe detallado dunha lectura asignada. 15
Proba mixta Reférese á nota obtida na proba final obrigatoria. 45
Traballos tutelados Reférese á avaliación de actividades avaliábeis que podan requerir a axuda do profesor. Todas as actividades deberán ser de elaboración propia e orixinal. A copia ou plaxio determinará que a actividade se considere non válida e polo tanto cualificábel com o valor de 0. 30
Sesión maxistral Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións xerais de exposición, e á formulación de preguntas específicas sobre a temática, preparada de antemán polo estudantado. 5
 
Observacións avaliación

1) A asistencia ás sesións presenciais de calquer tipo é obrigatoria e avaliábel.


2) A participación activa compútase dentro do apartado da asistencia.


3) Haberá duas provas mixtas.


4) Para o cálculo da nota final (e portanto para o curso poder ser completado e superado), a/o estudante deberá obter polo menos unha nota de 5 na proba final.


6) Na segunda oportunidade de xullo, no período estabelecido pola UDC, poderá recuperarse o exame (non efectuado, ou suspenso) e/ou o capítulo das actividades. O profesorado indicará no seu momento as actividades substitutivas de recuperación que deberán ser realizadas.


8) Dado o carácter mixto e comprensivo da avaliación (asistencia, actividades e proba final), consideraráse "Non presentado": a) non asistir á proba final en nengunha das oportunidades; E, simultáneamente, b) non ter entregado actividades por polo menos a metade da percentaxe asignada ao apartado de actividades. En sentido contrario, a entrega de actividades avaliábeis cuxo peso supere a metade da percentaxe do apartado (por exemplo, 2 actividades sobre 3) determinará automáticamente a asignación dunha nota final, a pesar da inasistencia á(s) proba(s).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes