Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Enxeñeiro en Informática
 Asignaturas
  Deseño de Sistemas de Información
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliación das prácticas realizadas de forma continua ao longo do curso nunha defensa final. A pesares de que as prácticas son realizadas en grupos, cabe diferenciar dúas compoñentes na avaliación das prácticas dun alumno:

- Valoración do traballo en grupo, na que se califica o grao de coordinación e compenetración entre os membros.

- Valoración persoal, na que se califica a aportación concreta do alumno
ao grupo de prácticas.

Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:

- Rigor no acadamento dos obxectivos perseguidos na práctica empregando
as técnicas propostas na asignatura.

- Asimilación dos conceptos perseguidos pola práctica.

- Orixinalidade nas propostas acometidas durante a realización da práctica.

- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados ao efecto.
30
Proba obxectiva Proba escrita dividida en tres bloques: cuestións cortas, pequenas extensións de deseño e implementación e un problema de deseño facendo fincapé na xustificación das decisións tomadas. 60
Traballos tutelados Valoraranse os seguintes aspectos:

- Dominio dos contidos dos traballos académicos propostos.
- Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
- Seguemento axeitado do desenvolvemento da asignatura.
10
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes