Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Enxeñeiro en Informática
 Asignaturas
  Aspectos Xurídicos e Deontolóxicos da Informática
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos A análise ética e xurídica da informática ten unhas características específicas. Co estudo de casos se pretende examinar a estrutura e os contidos dos problemas presentes nos casos, tanto de xeito individual como en grupo. É unha forma de aprendizaxe de contidos e tamén metodolóxica, na que o estudante aprende a analizar, deliberar e chegar a conclusións fundamentadas e razoábeis con argumentos éticos e xurídicos. resulta útil para exercitar as destrezas e habilidades argumentativas.
Análise de fontes documentais Leitura e exame crítico dos principais documentos éticos e xurídicos da informática. Serven de introdución xeral á materia, pois están presentes en todos os temas. Proporcionan unha explicación histórica e sistemática do seu significado. Así mesmo, son importantes para o estudo de casos, os obradoiros e os traballos tutelados.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías que ten como finalidade a análise de temas concretos baixo a guía dos profesores: exposición, deliberación, argumentación, propostas de solución,... tanto individuais como colectivas. Fai que o estudante participe dun xeito máis activo e pona en prática os seus coñecementos e as súas habilidades e destrezas argumentativas. Permite tamén estudar polo miúdo algunhas cuestións importantes.
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe, especialmente dos coñecementos adquiridos.
Sesión maxistral Mediante unha exposición oral, o profesor tenta transmitir os conceptos e coñecementos éticos e xurídicos básicos da materia. A súa singularidade fai que adique tamén un tempo á exposición da linguaxe específica que soporta os conceptos, e que serve de principal medio de comunicación e argumentación ética e xurídica.
Sen estas sesións aclaratorias o estudante terá dificuldades para comprender axeitadamente a linguaxe e os conceptos que integran os aspectos éticos e xurídicos da informática.
Traballos tutelados Contando coa guía do profesor-titor, o estudante millora a súa aprendizaxe autónoma mediante a realización de traballos individuais ou en pequenos grupos sobre aspectos concretos da materia. Deste xeito desenvolve habilidades na argumentación escrita e oral, destrezas metodolóxicas e reflicte o alcance dos seus coñecementos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes