Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Enxeñerio Técnico en Informática de Sistemas
 Asignaturas
  Sistemas Operativos I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral
Clases maxistrais na exposición de coñecementos teoricos usandose diferentes recursos: pizarra, proxector e a facultade virtual.
Prácticas de laboratorio As prácticas realizaranse individualmente ou en grupos de 2 persoas.
A linguaxe de programación será: "C"
Abordaranse distintos aspectos da materia: como usar chamadas ao sistema, concurrencia, xestión de memoria.
A avaliación inclúe: Cualidade da práctica presentada, e defensa persoal
Solución de problemas Haberá resolución de problemas nas clase. Nesta resolución abrirase unha discusión aberta sobre como plantexar a resolución do problema.
Foro virtual Disponse dun foro virtual donde os alumnos poden realizar preguntas e contestar outras preguntas. O motivo e que os alumnos discutan as materias entre si. O profesor observará a discusión e participará nas mesmas.
Proba mixta O exame da materia avaliará os seguintes aspectos: Asimilación práctica de materia: Asimilación e comprensión dos coñecementos teóricos e operativos da materia. A proba será eminentemente práctica baseada nos exemplos dados en clase e nas prácticas.
Seminario Introducción a linguaxe C e o entorno que se empregará no desenrolo das prácticas da asignatura.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes