Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Enxeñerio Técnico en Informática de Sistemas
 Asignaturas
  Sistemas Conexionistas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, neste caso, prácticas desenvolvidas co "Neural networks toolbox" de Matlab
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas co obxectivo de evaluar os coñecementos do alumno
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais (fragmentos de reportaxes documentais, películas e fotografías) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos.
Discusión dirixida Debate e posta en común na clase dos traballos realizados en grupo.

Fomentarase a participación dos grupos coas súas dúbidas e opinións.

Esta actividade estará moderada e dirixida polo profesor.
Foro virtual Trataranse neste foro os temas e dúbidas relacionadas coas fontes documentais analizadas nas clases, así como dúbidas xerais sobre os traballos tutelados.
Proba obxectiva Realizarase un exame tipo test con preguntas elixidas dun conxunto de preguntas propostas previamente polos alumnos e supervisadas polos profesores.
Durante o cuadrimestre, os alumnos enviarán por e-mail ó profesor as preguntas propostas coas respostas.
Traballos tutelados Cada grupo de dous alumnos deberá analizar artículos científicos ou aplicacións computacionais que utilicen tecnoloxía conexionista para resolver problemas do dominio seleccionado.
Cada grupo deberá plantexar unha aplicación da tecnoloxía conexionista a un problema nun determinado dominio. Esta aplicación deberá estar adecuadamente xustificada e valorada en contraposición con outras técnicas ou aplicacións xa existentes.
Seminario Investigadores do área presentarán modelos computacionais reales desenrolados en universidades e centros de investigación, indicando paso a paso o proceso de desenvolvemento e a súa utilidade final.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes