Grao en Enxeñaría Informática |
Asignaturas |
Concorrencia e Paralelismo |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2012/13 | |||||||||||||
Asignatura | Concorrencia e Paralelismo | Código | 614G01018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | Realización de varios exercicios prácticos de concorrencia (bloque de prácticas de concorrencia) e unha serie de exercicios prácticos de paralelismo (bloque de prácticas de paralelismo). Cada bloque de prácticas representa a metade da nota máxima de prácticas de laboratorio. Inda que a realización das prácticas pode ser por parellas a súa avaliación é individual. É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar a asignatura obter como mínimo o 50% da puntuación máxima de cada un dos dous bloques de prácticas de laboratorio, así como entregar e superar EN PRAZO tódolos exercicios requeridos. NON ENTREGAR ou NON SUPERAR en prazo a avaliación de CALQUERA das prácticas obligatorias suporá unha cualificación de 0 no bloque correspondente de prácticas de laboratorio e a consideración de NON PRESENTADO con cualificación final na primeira edición de actas da asignatura (xuño). |
30 |
Proba mixta | Proba sobre os contidos presentados na docencia expositiva e desenvolvidos nas sesións de laboratorio e nas titorías grupais. Estará dividida en dous bloques: concorrencia (temas 1 e 2) e paralelismo (temas 3 e 4), sendo cada bloque a metade da nota máxima da proba mixta. É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar obter como mínimo o 30% da puntuación máxima de cada un dos dous bloques, así como obter un mínimo do 40% da puntuación máxima da proba mixta. |
70 |
Observacións avaliación | ||
É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar obter unha O mecanismo de recuperación que se habilita é exclusivamente a repetición da proba mixta (70% da cualificación global da asignatura), requeríndose de novo como mínimo o 30% da puntuación máxima de cada un dos dous A cualificación de prácticas de laboratorio (30% da cualificación global da asignatura) obtida na convocatoria ordinaria consérvase para a recuperación. Non é posible recuperar/mellorar para xullo a nota de prácticas de laboratorio xa que é unha nota obtida en avaliación continua. |
|