Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Proceso Software
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Ao longo do curso formularanse diferentes tipos de prácticas: supervisadas (que representan o 30% da nota final) e de traballo autónomo (computando o 10%). 40
Proba obxectiva Exame escrito individual sobre os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Do peso asignado a esta proba (60% da cualificación final), o 50% correspóndese coa parte teórica e o 10% coa parte práctica. 60
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia articúlase sobre a base dos seguintes mecanismos:

1. Prácticas supervisadas (30% da nota final).Estas prácticas caracterízanse por unha supervisión constante do traballo realizado polos alumnos co obxecto de realizar unha avaliación continua de cada alumno. Para iso terase en conta os seguintes aspectos: asistencia, participación e aplicación dos coñecementos adquiridos na materia.

2. Prácticas de traballo autónomo (10% da nota final). Nestas prácticas os alumnos terán que resolver, de xeito autónomo, o traballo proposto polo profesor. Posteriormente, terán que defendelo no horario establecido polo profesor.

3. Exame final (60% da nota final). O exame final componse de dúas partes: unha teórica, cun peso do 50% sobre a nota final, e outra práctica, cun peso do 10%. É importante remarcar que en ambas as dúas partes poderá preguntarse calquera aspecto visto na materia.

Finalmente, cabe indicar que para aprobar a materia é necesario cumprir cos seguintes requisitos:

1. Obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 entre todas as probas segundo a ponderación establecida.

2.
Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na parte teórica do exame final.
En caso de non superar este requisito, a nota final máxima que se poderá
alcanzar será un 4,5.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes