Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Enxeñaría de Requisitos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais nas que se expoñen os conceptos teóricos da materia utilizando como recursos a pizarra, a proxección de materiais en formato electrónico, apuntes en formato electrónico, consulta de páxinas web e outro tipo de materiais que estean dispoñibles no campus virtual
Prácticas de laboratorio Practicas realizadas en grupos pequenos, xeralmente de dúas persoas, na que os estudantes poñen en práctica os coñecementos teóricos impartidos nas sesións maxistrais. As prácticas consistirán na realización das tarefas de enxeñaría de requisitos dun problema particular, partindo das definicións iniciais até chegar a unha implementación final nunha linguaxe de programación como Java
Seminario Os seminarios ou Tutorías de Grupo Reducido (TGRs) consistirán en pequenos exercicios nos que se pon en práctica, de forma sinxela, os coñecementos vistos nas sesións maxistrais e que logo han de ampliar nas prácticas de laboratorio.
Solución de problemas Os exercicios realizados nos seminarios xeralmente serán corrixidos polos propios alumnos seguindo as guías que o profesor facilite para cada caso. Desta forma os alumnos serán máis conscientes dos fallos cometidos e poderán evitalos á hora de realizar as prácticas de laboratorio
Proba obxectiva Trátase dunha proba escrita mediante a cal se valoran os coñecementos adquiridos polo estudante
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes