Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | A A |  
Mestrado Universitario en Rehabilitación Arquitectónica
 Asignaturas
  Técnicas de Levantamento Gráfico
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Capacidade para a intervención no Patrimonio edificado: aptitude ou capacidade para intervir no patrimonio edificado, en edificios con valor histórico, coordinar estudos históricos sobre eles, elaborar os seus planes directores de conservación e redactar e executar proxectos de restauración e rehabilitación.
A2 Protección do Patrimonio edificado: aptitude ou capacidade para realizar tarefas de catalogación monumental, definir medidas de protección de edificios e conxuntos históricos e redactar planes de delimitación e conservación deles.
A5 Crítica arquitectónica: aptitude ou capacidade para analizar o patrimonio edificado e para explicar os precedentes formais.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B5 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
B6 Capacidade de xestión da información.
B7 Resolución de problemas.
B8 Toma de decisións.
B9 Traballo en equipo.
B10 Traballo en equipo de carácter multidisciplinar.
B14 Razoamento crítico.
B16 Aprendizaxe autónomo.
B17 Adaptación a novas situacións.
B22 Motivación pola calidade.
B24 Traballo en colaboración con responsabilidades compartidas.
B25 Habilidade gráfica xeral.
B27 Visión espacial.
B30 Sensibilidade estética.
B31 Habilidade manual.
B32 Cultura histórica.
B34 Capacidade de análise e de síntese.
B35 Toma de decisións.
B36 Razoamento crítico.
B37 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudos.
C4 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C9 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes