Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Arquitectura
 Asignaturas
  Análise Arquitectónico 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Previamente ao inicio do proceso de análise arquitectónica o estudiante será sometido a un proceso de perfeccionamento do debuxo e da informática, considerados aspectos instrumentais imprescindibles.
Análise de fontes documentais O coñecemento dos edificios obxectivo de cada curso precisa previamente dun recoñecemento na documentación que sobre eles exista en calquera soporte audiovisual ou bibliográfico, tanto analóxico como dixital.
Estudo de casos A análise das edificacións implica o enfrontamento do alumno ante situacións prácticas reais que deben ser comprendidas, valoradas e resoltas polo grupo de estudiantes previa a análise razoada realizada por cada individuo.
Presentación oral Os estudiantes expoñen verbalmente, co paoio de TIC, os resultados dos seus traballos, interactuando co profesorado e con outros estudiantes.
Sesión maxistral Destinada á introducción conceptual e a ofrecer a información necesaria para o desenvolvemento dos traballos de taller.
Eventos científicos e/ou divulgativos Para profundar no coñecemento de aspectos especializados relacionados coa materia que podan aportar novos datos sobre os aspectos xerais do curso.
Obradoiro Nos obradoiros combínanse tódalas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) simultaneamente, sobre tarefas prácticas, co asistencia do profesor.
Proba de ensaio O estudante repostará individualmente e de xeito gráfico a un suposto real e complexo que sintetiza os diversos asuntos tratados no curso. Valorarase especialemente a capacidade de razoar, argumentando e relacionado ideas complexas sempre cun obxectivo creativo e crítico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes