Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Contabilidade Financeira II
   Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Discusión dirixida
Proba de resposta múltiple
Descrición
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e problemas contables tratados durante o curso. Para isto, o alumno será guiado polo profesor de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesor guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula. Por último, as titorías en grupo (4 horas ó longo do cuadrimestre) destinaranse a discutir a proba tipo test e as probas escritas (exercicios) que serán valoradas para a cualificación final. Aqueles alumnos que demostren nestas discusión un maior grado de aprendizaxe que o reflectido na proba que se discute, verán incrementada a súa cualificación, co límite da valoración máxima que corresponde a dita proba. Os grupos dividiranse en dous (15 alumnos aprox.) para as titorías en grupo. O profesor tratará de fixar as horas para as mesmas, se hai dispoñibilidade de aulas, na franxa horaria inmediatamente anterior ou posterior a aquela na que o grupo teña asignada a súa docencia. Tamén se utilizarán para as titorías en grupo as horas asignadas para a docencia desta materia dentro do período lectivo que excedan das 14 semanas de docencia presencial (isto é, semanas 15 e 16 do cuadrimestre).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes