Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Informática Aplicada á Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. 70
Prácticas a través de TIC Farase unha avaliación continua valorando cuantitativa e cualitativamente o traballo que o/a alumno/a faga cada día.
É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia.
20
Traballos tutelados Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal, mais tamén se terá en conta o proceso de desenvolvemento en si. A data de entrega marcarase durante o curso. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. ria. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso superar cada unha das tres probas de que consta a avaliación (isto é, acadar, polo menos, o 50% da puntuación máxima de cada proba). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0.

De non superar a materia na primeira oportunidade, o/a alumno/a será avaliado, por escrito, das partes non liberadas, na proba mixta de xullo. 

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes