Traballos tutelados |
Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal, mais tamén se terá en conta o proceso de desenvolvemento en si. A data de entrega marcarase durante o curso. É imprescindíbel acadar o 50% da cualificación máxima para superar a materia. |
15 |
Para superar a materia é preciso superar cada unha das tres probas de que consta a avaliación (isto é, acadar, polo menos, o 50% da puntuación máxima de cada proba). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a
cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0. De non superar a materia na primeira oportunidade, o/a alumno/a será avaliado, por escrito, das partes non liberadas, na proba mixta de xullo. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.
|