Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Dirección Financeira II
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Solución de problemas Valorarase o grao de cumprimento dos obxectivos da actividade e o progreso das competencias e habilidades dos alumnos observado a través das titorías. 30
Proba mixta Pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe e as habilidades desenvolvidas polo alumno, o grao de interiorización e asunción, e a capacidade para aplicalas á solución de problemas (cuasi)reais. 70
 
Observacións avaliación

Os criterios para o cómputo da cualificación son aplicables con
total uniformidade nas "oportunidades" de Xuño e Xullo. Nesta
última tamén son puntuables, coa ponderación sinalada, as actividades
persoais dos alumnos.

As tarefas deben entregarse nas datas, polos procedementos, e
cos requisitos de contido que se sinalen en cada caso; puntuaranse como cero
cando se incumpran estas condicións, e tamén cando sexan desenvolvidas en
fraude. O plaxio total ou parcial terá a interpretación de fraude, coas
consecuencias académicas que se deriven.

Salvo autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles,
ordenadores e aparellos electrónicos similares permanecerán en todo momento
fóra da vista, e durante os exames deberán ademais estar apagados. O
incumprimento destas normas ou o uso indebido destes aparellos serán causas
de expulsión.

O exame versa sobre os obxectivos didácticos, competencias e
contidos da materia, de acordo con esta guía e coas indicacións que se
realicen durante o curso, e de conformidade cos tempos de traballo presencial
e autónomo que deben render os alumnos. Caso de se considerar conveniente
publicarase un documento de “normas de exame” cunha antelación mínima dunha
semana natural á data de realización da proba.

A efecto de realiza-los exames, os alumnos poderán servirse
dunha calculadora non programable. As normas de exame poderán preve-la posibilidade
de que os alumnos usen tamén determinado material de apoio, sempre de forma
voluntaria. En ningún caso se permitirá o uso de documentos en formato
electrónico nin de material que vulnere a lexislación sobre propiedade
intelectual, en particular de libros fotocopiados.

Cualificarase a tódolos alumnos que accedan á aula de exame.

A efecto de reforza-la igualdade, os exames serán avaliados de
forma transversal; por tanto cada profesor cualificará unha parte do exame de
cada alumno.

Para libera-la materia é preciso que a cualificación do exame
sexa igual ou superior a tres puntos sobre un total de sete. Os alumnos que
non cumpran esta condición terán unha cualificación global igual á do exame.

A comisión de fraude na realización das prácticas, dos exames,
ou de calquera outra actividade da materia poderá implicar que o alumno deba
examinarse de forma oral, sen perzuixo de outras consecuencias académicas que
se poidan derivar.

A cualificación "non presentado" outorgarase seguindo
as directrices xerais da Facultade: “corresponde
ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación acadada
”.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes