Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestre: Especialidade en Educación Infantil
 Asignaturas
  Coñecemento do Medio Histórico de Galicia
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Cada bloque temático iniciarase con debates de ideas previas que poñen en relación o seu contido cos contidos traballados nas asignaturas de segundo e terceiro cursos: Didactica das Ciencias Sociais I e II.
Discusión dirixida Esta metodoloxía é fundamental para poñer en común os contidos recollidos nas fontes. Guía o traballo previo e concreta as conclusións e as aportacións dos grupos de traballo.
Saídas de campo Estas actividades permiten desenvolver as capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática cara a recollida de información do medio xeográfico e histórico galego. Preséntase como a metodoloxía que máis incidencia ten nesta asignatura xa que por unha banda permite desenvolver as indagacións no medio e por outra resulta un dos mellores recursos para traballar o Coñecemento de medio de Galicia no ensino primario.
Proba mixta
Presentación oral Despois de elaborar os traballos sobre o medio histórico e xeográfico de Galicia, chega o momento de facelos públicos mediate exposicións orais empregando diferentes soportes materiais e audiovisuais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes