Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestre: Especialidade en Educación Física
 Asignaturas
  Iniciación Deportiva: o Deporte no ámbito Escolar
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer os contidos comúns e específicos sobre as distintas disciplinas que impartirá no exercicio do seu labor profesional.
A2 Coñecer os fundamentos psicolóxicos, pedagóxicos e sociais que lle permitan o axeitado desenvolvemento da súa profesión.
A3 Coñecer as características das organizacións educativas que atenden aos nenos e ás nenas de 6-12 anos.
A4 Coñecer a organización dos centros educativos de educación primaria e a diversidade de accións que abrangue o seu funcionamento.
A7 Adquisición de destrezas para adoptar metodoloxías activas, participativas e creativas, e desenvolver o currículo a partir de situacións significativas para o alumnado, ao asumir un papel de orientador, facilitador e guía da aprendizaxe, e procurar a motivación e o interese do alumnado pola aprendizaxe.
A9 Planificar as materias no contexto social en que se van impartir, tomando as decisións axeitadas relativas á selección de obxectivos, organización de contidos, deseño de actividades ou criterios de avaliación.
A11 Capacidade para empregar recursos diversificados que contribúan a mellorar a experimentación e a aprendizaxe do alumnado no ámbito da Educación Física.
A12 Capacidade para observar e avaliar de forma continua, formativa e global o desenvolvemento e a aprendizaxe do alumnado de 6-12 anos, introducindo as medidas educativas necesarias para atender as súas peculiaridades persoais.
A13 Capacidade para ser sensible á nova realidade social, plural, diversa e multicultural, desenvolvendo estratexias para a inclusión educativa e social.
A14 Planificar, desenvolver e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe axustados á diversidade cultural e lingüística do alumnado.
A19 Coñecer o desenvolvemento psicomotor de 0-12 anos, as estratexias e as posibilidades de intervención educativa sobre el, e a súa relación coa saúde.
A21 Dominar a teoría e a didáctica específica da Educación Física, os fundamentos e as técnicas de programación da área e do deseño das sesións, as estratexias de intervención e de avaliación dos resultados, así como as relacións con outras áreas de coñecemento.
A22 Coñecer a imaxe do corpo, o significado das actividades físicas e do deporte na súa evolución histórico-cultural, e a súa influencia nos distintos ámbitos sociais e culturais na sociedade contemporánea.
A23 Programar e executar actividades de ocio, tempo libre e recreación na escola e, no seu caso, orientar e supervisar as actividades relacionadas coa actividade física que se impartan no centro en horario escolar e extraescolar.
A24 Coñecer os fundamentos biolóxicos e fisiolóxicos do corpo humano, así como os procesos de adaptación ao exercicio físico, e a súa adaptación ao exercicio físico, e a súa relación coa saúde, a hixiene, a alimentación e a calidade de vida.
A25 Coñecer os aspectos que relacionan a actividade física coa saúde, a hixiene e a alimentación, e deseñar estratexias de intervención educativa.
A26 Coñecer os aspectos que relacionan a actividade física co ocio e a recreación para establecer as bases de utilización do tempo libre: teatro, danza, deportes, saídas, etc.
A27 Ser capaz de dar resposta educativa á diversidade no ensino de Educación Física.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B8 Adaptación ás novas situacións.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
B10 Capacidade crítica e autocrítica.
B11 Capacidade de análise e de síntese.
B13 Capacidade de organización e de planificación.
B17 Capacidade para se integrar e se comunicar con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B28 Recoñecer a necesidade de implicarse nunha aprendizaxe ao longo da vida.
B29 Resolución de problemas e toma de decisións.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes